Actitudes
           Lingüísticas
 
 
 
 

Descargar     imaxe      pdf

 

 

Actitudes Lingüísticas

  

Por que falas galego? E para que? Para que che serve? Pero por que te empeñas en seguir falándoo? Ademais, que galego falas? Ese inventado? Ou o bruto, da aldea?...

Os galegofalantes teñen que escoitar preguntas deste tipo, que non só fan os castelanfalantes, senón toda unha sociedade comesta polos prexuízos, e que levan á discriminación dos galegofalantes e a fecharlle as portas do idioma ao resto dos cidadáns. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.

Abrimos este espazo para darlle forma a esta iniciativa que se vai ir xestando pouco a pouco e que se irá enchendo de contidos. Polo de agora, compilamos algúns recursos e experiencias arredor desta temática, materiais que irán aumentando na medida que nos fagades chegar todos aqueles que tedes elaborado nos vosos respectivos centros. Neste primeiro momento lanzamos unha campaña para provocar a reflexión sobre un dos prexuízos máis presentes cara á nosa lingua, o que se recolle no adhesivo que elaborou o debuxante Fran Bueno.