Gustavo César Veloso
(Vilagarcía de Arousa)

Ciclista profesional. Comezou a súa carreira con innumerables vitorias como corredor afeccionado. Na súa etapa profesional, iniciado en 2001 pasou por diferentes equipos do Estado Español e Portugal, até que en 2007 ingresou no único equipo galego deste rango, o Karpin Galicia, despois Xacobeo Galicia. Nesta xeira, obtivo os seus mellores trunfos, vencendo na Volta a Catalunya 2008 e acadando a novena etapa da Volta a España 2009. Hoxe en día forma parte do equipo profesional Andalucía.

Gustavo utiliza habitualmente a lingua galega, tanto nas súas manifestacións públicas e en medios de comunicación, como nas numerosas charlas e coloquios aos que é convidado, especialmente nos centros de ensino galegos ou asociacións e centros culturais.

 

 


Javier Gómez Noya
(Basilea, Suíza)

Fillo de emigrantes galegos, criouse na cidade de Ferrol, onde reside, e adestra en Pontevedra, onde está o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Triatleta de enorme prestixio mundial, é un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade. Participou nos Xogos Olímpicos de Pekín e de Londres, en 2012, onde acadou a medalla de prata. Foi campión do Mundo en tres ocasións, as mesmas que foi tamén campión europeo. Pertence ao Club de Triatlón Cidade de Lugo Fluvial.

Gómez Noya utiliza o galego habitualmente en medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas, e ten defendido publicamente o valor e importancia do uso da nosa lingua.

 


 

 

Pilar Neira Martínez
(Londres, Inglaterra)

Criouse na cidade da Coruña. Foi xogadora de balonmán e de fútbol. Comezou como futbolista en 1976 no histórico Karbo CF da Coruña, co que acadou tres campionatos de España. Tamén xogou no Marabillas e no Brigantium. A súa carreira como adestradora de fútbol desenvolveuna nos clubes Orzán e Imperator, e actualmente dirixe o clube Victoria. Foi designada adestradora de da selección galega de fútbol feminino, disputando dende aquela varios encontros internacionais. Firme defensora do deporte feminino, e presidenta e fundadora da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia.

Criada nun ambiente  social e familiar no que o galego estaba ausente, desenvolve actualmente toda a súa vida persoal e pública no noso idioma, sendo unha firme defensora do seu uso en todos os ámbitos.

 


 

 

Vero Boquete
(Santiago de Compostela)

Considerada unha das mellores futbolistas do mundo na actualidade, comezou a súa traxectoria deportiva no Xuventú de Aguiño en 2001. Xogou posteriormente no Prainsa Zaragoza e no RCD Espanyol de Barcelona, onde comezou a acadar sona como dianteira. A partir de 2010 comeza o seu periplo mundial en clubes estadounidenses e rusos, e hoxe milita no equipo sueco, participante na Champions, Tyresö FF. Acadou diversos títulos estatais e internacionais e forma parte da selección española de fútbol. Tamén, desde 2007 é a abandeirada da selección galega de fútbol, sendo unha firme defesnsora da súa existencia.
Verónica utiliza a lingua galega en manifestacións públicas, medios de comunicación, ou charlas divulgativas, en diferentes entidades do país.


 

 

R Telecomunicacións:

Empresa galega (Operador galego) de comunicacións por fibra óptica na que o idioma galego é un dos seus elementos diferenciais, é dicir, escolleron esta lingua para marcar a orixe galega da empresa e así distinguirse do resto de operadoras de telecomunicacións. Empregan o galego en todos os eidos de comunicación da empresa e relación coa clientela, aínda que na xestión interna non prevaleza o galego.

Valorouse en R a súa grande proxección pública xa que é unha empresa instalada practicamente en toda Galicia e que está ligada a un campo innovador como é o das telecomunicacións.

Encóntrala en: Rúa Real 85, 15003 A Coruña. Tfno: 1449; fax 902 92 22 92. http://corporativo.mundo-r.com

 

 


 

 

votacións:

e-mail

 



centros que xa votaron:   42
  • CEIP Campolongo

  • CEIP de Zalaeta

  • CEIP Milladoiro

  • CEIP Pérez Viondi

  • CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso

  • CEIP Rebordáns

  • Centro de Educacion especial Príncipe Felipe

  • CEP Pilar Maestú Sierra

  • Colexio Divino Maestro

  • Colexio Salesianos A Mercé

  • CPI A Cañiza

  • CPI Aurelio Marcelino Rey García

  • CPI de Ponte Carreira

  • CPI Dos Dices

  • CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

  • CPI Manuel Padín Truiteiro

  • CPI Santa Lucía

  • Escola Oficial de Idiomas

  • Filipenses Sagrada Familia

  • IES A Basella

  • IES Agra de Leborís

  • IES Antonio Fraguas

  • IES As Insuas

  • IES Camilo José Cela

  • IES Campo de San Alberto

  • IES Castro Alobre

  • IES Catabois

  • IES de Barro

  • IES Félix Muriel

  • IES Illa de Tambo

  • IES Leliadoura

  • IES Marqués de Sargadelos

  • IES Melide

  • IES Perdouro

  • IES Pintor Colmeiro

  • IES Porto do Son

  • IES Ramón Otero Pedrayo

  • NS Esperanza

candidaturas:










LINGUA, DEPORTE E PODER SIMBÓLICO

Resulta unha evidencia que no mundo actual, o deporte, especialmente o profesional, constitúe unha das manifestacións sociais máis coñecidas, recoñecidas, pero tamén máis influíntes na conformación de modelos de comportamento. Moitos dos nosos rapaces e rapazas aspiran a acadar a posición social, fama ou prestixio, dos mitos do século XXI, grandes futbolistas, baloncestistas, tenistas, deportistas en xeral.

Non é Galiza un país excedente e modelos deportivos de primeiro nivel mundial, pero tamén conta cos seus, especialmente en disciplinas deportivas de un "segundo nivel" ou "minoritarias". E os nosos e as nosas deportistas falan. E non son poucos os que utilizan como vehículo máis ou menos habitual de relación, a lingua galega. Son logo un espello en que a sociedade, e a mocidade en concreto, pode retratarse. Escoitar falar en galego a un medallista olímpico, ou a unha xogadora de fútbol de Champions ten un certo poder simbólico, que sen dúbida contribúe a reforzar a nosa autoestima lingüística, tanto individual como colectiva.

O compromiso lingüístico dos deportistas galegos e galegas merece premio. Por iso, neste curso, o premio Leixaprén será para un deles, ou unha delas.


Versión pdf.
O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores.

A partir do curso 2011-2012, o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu.

A Coordinadora Galega de ENDL (CGENDL) convoca o premio Leixaprén, que se rexerá polas seguintes

bases

O premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, concederase cada curso académico e non poderá quedar deserto.

1 Ámbito do premio

O consello directivo da CGENDL proponlle ao Xurado, cada curso académico, o ámbito de actuación do premio.

Os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en calquera dos seguintes ámbitos de actuación:

1 Económico e empresarial

2 Xurídico e administrativo

3 Cultural e artístico

4 Deportivo

5 Relixioso

6 Medios de comunicación, márketing e publicidade

7 Educativo

8 Mocidade e lecer

9 Asociacionismo

10 Internet e novas tecnoloxías

Calquera outro ámbito, non recollido nos anteriores que, por razóns específicas de eficacia normalizadora, mereza o recoñecemento do xurado; así mesmo, por decisión do consello directivo da CGENDL poderase modificar ou concretar calquera dos ámbitos nomeados atendendo á evolución da realidade social.

2 Xurado

O xurado está composto polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL que votará entre un mínimo de tres e un máximo de cinco candidaturas que previamente vai establecer un Comité de selección que estará formado cada curso por:

a dous membros do Consello Directivo,

b dous membros en representación das Comarcas que compoñen a CGENDL, que con carácter rotatorio se escollerán por orde alfabética e deben pertencer a provincias diferentes, e

c unha persoa convidada que conte con especial coñecemento do ámbito seleccionado
en cada edición.

Será función do Comité de selección presentar candidaturas de persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega no ámbito correspondente e que teñan unha especial incidencia social, ben pola súa continuidade e eficacia ao longo do tempo, ben pola exploración de novas vías para a normalización do idioma e que atendan á maioría dos seguintes requisitos:

1 Fomentar unha imaxe positiva da lingua libre de tópicos e prexuízos.

2 Contribuír á extensión do uso do idioma, especialmente no sector correspondente

3 Reforzar a dignificación da lingua

4 Manifestar unha actitude coherente e sólida na súa aposta pola lingua

5 Apostar pola creatividade, a orixinalidade e a proxección cara ao futuro.

3 Prazos

O comité reunirase no 2º trimestre

Os equipos votarán ata o 25 de abril

O premio entregarase no 3º trimestre

4 Sistema de votación

Os Equipos votarán os candidatos a através da páxina web da CGENDL

5 Entrega

Farase un acto público de entrega do galardón.

6 Interpretación 

O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases.