Lois Pereiro Letras Galegas 2011

 

   









 

 
     

 
 
Lois Pereiro no Diario Cultural

Entrevista ao poeta emitida na Radio Galega o 5 de xaneiro de 1996, pouco despois de publicar, en Edicións Positivas, Poesía última de amor e enfermidade.




 
Lois Pereiro en Son de Poetas

Escolma de poemas musicados por diferentes bandas e solistas.
Son de Poetas. A antoloxía da poesía galega musicada
EDLG e Dpto. de LG do IES David Buján de Cambre




       
A voz de Lois Pereiro

Lois Pereiro recita no verán de 1984 nun acto de homenaxe a Castelao do grupo poético "De amor e desamor".
Fonte: RadioFusión.




 

Recital de Lois Pereiro

Pub Moka (A Coruña, 1996)

Fonte





 
Lois Pereiro

Escolma realizada por Xoan Díaz (IES David Buján de Cambre). Inclúe o recital de LP, poemas musicados e outros traballos.

Fotografía de Manuel Vilariño.










 
"Oito cancións para oito poemas" (escolma)

Alexandro González fai un percorrido sonoro pola poesía de Lois Pereiro.

Fonte




 
O poeta inusitado

Mesa redonda na que Anxos Garcia Fonte, Noel Blanco, Xosé Luis Mosquera e Xosé Manuel Pereiro analizan a figura e a poética do autor (Asociación Veciñal de Perlío-Fene, 05-08-2010).






Os erros cometidos na vida a contrafío
leváronme a perder unha vez máis
definitivamente e sen pesar
todo o que tiña dado por perdido.

Metástase invasiva ou obsesión
daquel amor tal vez mal entendido
non foi a covardía ou o egoísmo
o móbil que alentou a miña idea
de convocar en min este desastre
que derruíu comigo o mal causado.

E intento demorar o erro definitivo
nun lento naufraxio
xa vivido
porque esta fatigada ruína namorada
prepárase a sufrir outros distintos
asumindo a caída xa pactada precipitándose neses inofensivos erros desexados
obviando o remuíño que me leva
nas espirais da nada.
 
Os erros cometidos na vida a contrafío

Leticia, Javier e Bran do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)





 

Autobiografía Lois Pereiro

Biblioteca do CPI San Vicente da Baña e alumnado de 4º da ESO de Música