Videoteca e Fonoteca
Poemas musicados e recitados. Montaxes audiovisuais.

 

Son de poetas


Antoloxía da Poesía Galega Musicada, dos compañeiros do ENDL do IES David Buján de Cambre.


"Fiandeira namorada" (versións de Xabier Díaz e Suso Vaamonde)

"Vai polo monte o camiño" (versión de Suso Vaamonde)

"No bicarelo do bico do brelo" (versión de Na Virada)






"Porta xorda" 


PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!
Dente puño teso a premer valeiro!
Cando volva o vento
Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?

Rota a corda que tempera a forza do sino
Un pobo enteiro rébrese no tempo
Folga Xeral contra da Historia.

Compría agouxarse en calquer ichó
Mais seguín fora a xistra
Velando norde estrela longa brillo atuido.
Alguén chama. Alguén agarda
Corazón tente
Sostén a gran nembranza.

 


Na Virada: "No bicarelo do bico do brelo"







"Letanía de Galicia"


GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din  GALICIA
e saben      sabemos

GALICIA da door   chora á forza
GALICIA da tristura    triste á forza
GALICIA do silencio  calada á forza
GALICIA da fame       emigrante á forza
GALICIA vendada     cega á forza
GALICIA tapeada   xorda á forza
GALICIA atrelada   queda á forza

libre pra servir   libre pra servir
libre pra non ser  libre pra non ser
libre pra morrer  libre pra morrer
libre pra fuxir   libre pra fuxir

GALICIA labrega  GALICIA nosa
GALICIA mariñeira  GALICIA nosa
GALICIA obreira  GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

 

recóllote da TERRA  estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

 

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa




"Vietnam canto"


CUMES CUMES CUMES COM’ESTES ECHEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM

metan na casa a verba na cociña na mesa        na cama xa está
e calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrr
hastr’o berro que te acusa  USAUSAUSAUSAUSAUSAUSA

un
morto
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os se volven ceros 00000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á máquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón
do monzón
na lua do TEIT

dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA

 

cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

seino por vós
pobo como o meu
GALICIA pequeniña
sola cousa de todos

mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos caindo polos teletipos
lúas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAA

ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta

noitenoite
partir esta n / o / i / t / e en anacos
que en cada un só quepia un home
en

entran nas cidades do SUL ESTE    lonxe
e xa todas son a aldeiña dó lado
HUE SAIGON DANANG
con irmaos e parentes meus
galegos de a diario
mais que nono esqueceron como nolo esquecemos
tanto que ás veces perto chaman home
e
ollamos por quén.

non son eu tamén
quen eiquí quedo
que estou matando eilí
luxando GALICIA como luxan
KANSAS NEW JERSEY CALIFORNIA COLORADO
IOWA
nomes tan limpios?

perdón por esta paz
PAZ en carteles xunto a COCACOLA
PAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZ
pra tapar tanto tanto
muro

valeiránnolos nomes
mais inda
indainda pobo
podo decir o teu con forza
inda se pode decir o teu nome dos que alá cain
podemos

deles temos de novo nome:
home pobo
/ MARÍA MARIÑO  dinamiteira da FALA /
home- pobo
home- pobo

aquíl por siglos foi un pobo como é o meu
o meu por anos foi un pobo como é aquíl

IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG

entre miña mai  ANA amos  iles
entre iles  amor   ANA     ti
tres estudiantes en LUGO  sin os nomes
en VIGO     MÉNDEZ FERRÍN     co’il
e vós         MARÍA MARIÑO         CHÉ bágoas 1967

non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamén por iste tempo cas palabras
anque sinceiras tein tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados do refrigerados dun cañón





Emilio Cao: "Cain as follas"







Recital de Uxío Novoneyra (Vilaxoán, 1998)






Alexandra Bernardo canta a Uxío Novoneyra. Música e Piano de Alberto Augusto Miranda


Revista dixital Andar21

http://andar21.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1138121253636&pubid=979757022881




Uxío Novoneyra no XXV aniversario do Grândola (1997)



 




Courel (Os eidos)



 




Recital de Uxío Novoneyra en Mazustegi (Bilbo, maio de 1991) 1ª parte


Fato Cultural Daniel Castelao e a Asociación Cultural Rosalía de Castro

(Recital completo: http://www.youtube.com/user/mourelas2)

 




Poema dos Caneiros


Videoteca AELG
Recita: Salvador García-Bodaño

 




Letanía de Galicia


Videoteca AELG
Recita: Henrique Rivadulla Corcón

 




Terras outas e soias


Videoteca AELG
Recita: Eloi Caldeiro

 




Blues do meu coarto (sobre o poema "O meu coarto")


 




Canle Novoneyra


Podcast AS-PG



 




Caligramas de Uxío Novoneyra


Ligazón

 




Ergografía de Novoneyra


Ligazón

 

 

 

Selección de poemas de Uxío Novoneyra


Ligazón

IES Ribeira do Louro do Porriño.

Autora: Paz Pereiro (Dep. de Lingua Galega).


 

 

Canto de permanencia


Ligazón

Documental que recrea o mundo creativo e vital de Uxío Novoneyra.

Autoría: Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) e Fundación Manuel María.


 

Canto de permanencia


Ligazón

Documental que recrea o mundo creativo e vital de Uxío Novoneyra.

Autoría: Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) e Fundación Manuel María.


Lousame le a Novoneyra


Ligazón ao traballo completo.

Conxunto de sete montaxes audiovisuais sobre Uxío Novoneyra con recitado de poemas do alumnado.

Autoría: Concha Leal Gómez. ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame.

Uxío Novneyra, o poeta do Courel



Breve biografía de Novoneyra contada polo alumnado.

Autoría: ENDL do CPI Cernadas de Castro. Lousame

 

 

Uxío Novoneyra: vida e obra



Autoría: Xián Penín Pía e Daniel Rivero Rodríguez.

 

 

 

Entrevista a Novoneyra (Instituto Feminino de Lugo, 1985)



Entrevista inédita facilitada polo profesor Ramón Reimude. Realizada no ano 1985 no Instituto feminino de Lugo.

Entrevista completa

 

 

 

Uxío Novoneyra



Igrexiño convídanos a coñecer a figura de Novoneyra através da ollada do alumnado do CEIP Igrexa de Chapela.