Autores: Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPi A Baña)
Novoneyra na voz da xente.
Proxecto de divulgación e dinamización do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Uxío Novoneyra.
Trátase dun proxecto destinado aos escolares dos últimos cursos de primaria e primeiros de secundaria no que se procura achegarlles á figura e obra de Uxío Novoneyra dun xeito eminentemente lúdico e participativo. Está concebido para rapaces/zas (máximo 60 persoas) dos últimos cursos de primaria e primeiros cursos de secundaria: 4º, 5º e 6º de primaria (9-12 anos) e 1º e 2º de secundaria (13-14 anos).
Concurso de caligramas e colaxes que recrean a poesía e a figura de Uxío Novoneyra. Inclúese unha antoloxía da obra do poeta e unha presentación en diapositivas sobre a poesía visual.
I Concurso de Redacción "A través das palabras…. Uxío Novoneyra"
O concurso consiste na realización de redaccións que reflictan a importancia da celebración do Día das Letras Galegas e a importancia da figura de Uxío Novoneyra para a nosa cultura. data límite: 30 de abril.
Homenaxe a Uxio Novoneyra en Parada do Courel, a vila natal do Poeta, organizado polos xestores da súa páxina web.
Colaboran o alumnado do CPI de Seoane, as asociacións do territorio, a familia de Uxio Novoneyra, o Concello e a Deputación.
Data: domingo 9 de maio.