Videoconferencias 2015-2016





  VIDEOCONFERENCIA PARA PRIMARIA 26-Abril-2016

   
 

Título: Arpa Leap Motion.


Susana Oubiña

Relatora: Susana Oubiña Falcón. Profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. Currículum da relatora.

Sinopse: O reto consiste en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducirémonos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectaremos ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obteremos un instrumento musical (arpa) que poderemos usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans.

Destinatarios: Alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.

Data e hora: Martes 26 de abril entre as 11:30h e as 12:30h.


   
 

NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS

  • Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: versión actualizada do plugin de Adobe Flash Player.
  • Desconexión das aulas Abalar durante o transcurso da videoconferencia e as probas previas no propio centro.

  • PROCESO DE INSCRICIÓN

    1.- Por motivos organizativos, os centros interesados deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:

  • nome do centro
  • departamentos/docentes implicados
  • niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade
  • número de alumnos/as implicados/as
  • profesor/a de contacto (tamén correo)
  • observacións (dúbidas, suxestións...)
  • 2.- Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Canle de Youtube que emitirá a videoconferencia e no que se darán as instrucións pertinentes.

     
     
     
     

    Queixas de Aisoy1 from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.

       



     
    Descargar o cartaz
     
     
    Código embed:

    Introdución


    Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


    Centros participantes

    Relación de centros que participan.
    Edicións de anos anteriores
    Edición 2010       Edición 2011       Edición 2012       Edición 2013       Edición 2014






    Listaxe de centros que participan na
    videoconferencia 2015
     


    Centros participantes 2015

      VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA

       
     

    Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.


    Xurxo Mariño

    Relator: Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Breve nota biográfica.

    Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

    Destinatarios: Tema acaído para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

    Data e hora: mércores 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h.


    Para botar unha ollada

     

       
     

    NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS

  • Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: versión actualizada do plugin de Adobe Flash Player.
  • Desconexión das aulas Abalar durante o transcurso da videoconferencia e as probas previas no propio centro.


  • INSCRICIÓN

    1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:

  • nome do centro
  • departamentos/docentes implicados
  • niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade
  • número de alumnos/as implicados/as
  • profesor/a de contacto (tamén correo)
  • observacións (dúbidas, suxestións...)
  • 2.- Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes.